Melide, Cerne de Galicia

Santa María do Leboreiro

O Camiño Francés introdúcese en Melide pola aldea de Santa María do Leboreiro. No Códice Calixtino (Codex Calixtinus, século XII) aparece como Campus Leporarius, que significa "monte de lebres". En 1185 o lugar é doado por Fernando II ao mosteiro de Sobrado. Tivo hospital de peregrinos, documentado no século XII, rehabilitado por Vasco de Ulloa no século XV. Actualmente só se conservan do edificio dúas paredes cos escudos dos Ulloa. Diante do antigo hospital, un cabeceiro feito con varas entretecidas lembra os primitivos celeiros para gardar o millo.

42


Ver mapa más grande

A igrexa é gótica, aínda que persisten nela concepcións e motivos ornamentais característicos do Románico. Ten nave rectangular e ábsida circular. Salienta pola súa portada principal, con arco e arquivolta oxivais. No tímpano aparece esculpida en altorrelevo a Virxe, sedente e coroada sostendo o Neno con ambas as mans, que pousa de pé sobre a perna esquerda da mai. A unha e outra beira aparecen esculpidos en baixorrelevo anxos que achegan filacterios e incensarios. Os capiteis das columnas da portada representan basiliscos.

O acceso ao presbiterio faise a través dun arco triunfal de medio punto. No testeiro da nave hai un Agnus Dei, formado por un carneiro e unha cruz acrótera. O aleiro da ábsida está ornamentado por unha serie de canzorros con figuras e cabezas humanas e de animais e no lateral sur temos uns canzorros sinxelos, dous deles decorados con cunchas de vieiras.

37

No interior da igrexa achamos unha interesante colección de escultura relixiosa de varias épocas e estilos. No muro lateral esquerdo hai unha imaxe da Virxe sedente, co Neno no colo, en madeira policromada, talvez do século XIV. Tamén se conserva un panel de pintura mural realizada no segundo terzo do século XVI, coas representacións da Flaxelación de Xesús, a Visitación de Santa Isabel e o Martirio de San Sebastián. A parede do arco triunfal ten restos pictóricos dun Cristo crucificado.

Deixando O Leboreiro pola antiga calzada romana xa cara a Furelos, atopámonos en Desicabo e sobre o río Seco, unha fermosa ponte medieval dun só arco. 

IH1A4914

28
29
30
31
32-48
32-50
32-51
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
IH1A4857
IH1A4914
IH1A4918
IH1A4930

GFacebookTwitterYoutube

Amendoado

Sobremesa típica da repostaría tradicional melidá.

 

 

Consellos para os peregrinos.

Hospedaxe.

En Melide contamos con moitas e variadas opcións para comer. Consulte esta páxina para ver a variada oferta gastronómica.

Xantares.

En Melide contamos con moitas e variadas opcións para comer. Consulte esta páxina para ver á variada oferta gastronómica.

Turismo.

Ten ao seu dispor unha ampla oferta turística na Comarca de A Terra de Melide. En esta páxina pode atopar toda a información turística que precisa para descubrir Melide.

 

Ocio nocturno

Melide é unha das zonas de "marcha" máis importantes de Galicia.

Transportes

Taxis, autobuses, estacións de tren, aeroportos. Todos os horarios, enderezos, teléfonos e correo-e que poida necesitar.

Emerxencias

Centro de saúde, farmacias, teléfonos de emerxencias. En Melide coidamos de ti

 

 

web-concello-de-melide