Melide, Cerne de Galicia

SAN VICENZO DE VITIRIZ

San Vicenzo de Vitiriz é a última aldea do Concello de Melide antes de chegar ao Concello de Arzúa. Fica no lado dereito do Camiño de Santiago. A súa igrexa é unha das máis interesantes da comarca, non só desde un punto de vista arquitectónico senón tamén esotérico, pois desde os seus inicios estivo relacionada co culto a Rocamador.

A planta do edificio, de fabricación gótica, é dunha soa nave, de ábsida rectangular. No testeiro da nave está colocado un rosetón de pedra, o único entre as igrexas da comarca, e no cumio da ábsida un Agnus Dei. No aleiro temos un bo número de canzorros, todos eles magnificamente elaborados.

No seu interior encontrámonos cunha arco triunfal apuntado, apoiado en pilastras. O retablo é do século XVIII, composto por un corpo e tres rúas. As imaxes da Virxe de Rocamador, Santa Lucía e San Vicenzo son do século XVIII.  

 

Untitled-1

Untitlerd-1

GFacebookTwitterYoutube