Melide, Cerne de Galicia

O CAMIÑO PRIMITIVO

O Camiño Primitivo é o pai dos camiños de Santiago, o máis antigo de todos eles, orixe da cultura xacobea universal. No comenzo das peregrinacións, hai doce séculos, o núcleo de resistencia formado nos montes astures abriu paso á primeira rota a Santiago de Galicia seguindo a franxa de territorio comprendido entre as cidades históricas de Oviedo, Lugo e Compostela, antigas vereas que asentaron unha vía romana encaixada en estreitas cuncas fluviais e cruzada de sistemas montañosos no seu avance cara ao Fisterre atlántico, desde a primeira capital da Reconquista ,a primeira cidade galega, o Lucus amurallado, e de aquí ao destino último na cabeza do Pais de Breogán. Desta maneira, Alfonso II O Casto (791-842) primeiro dos monarcas peregrinos a Santiago enlaza dous dos grandes fitos deste primeiro vieiro con raizame prehistórica: o nacente itinerario xacobeo por Lugo e a romaxe tradicional polos camiños do San Salvador (ou caminus qui vadit de Sancto Salvatore). Non obstante, o reino asturiano conseguía estender os seus brazos polo territorio galego, en sentido transversal, rachando as relacións eclesiásticas con Toledo ao tempo que fortalecía a vinculación europea con Carlomagno.

cr2C1-3

No primeiro terzo do século IX ten lugar a descuberta do sepulcro do apóstolo Santiago. Este feito histórico oferécelle ao Rei Casto unha gran oportunidade de potenciar a súa empresa política ao transformar Compostela en centro de peregrinación mundial e contrarrestar así o podería musulmán. A tradición sinala que foi o propio monarca quen acudiu con paso acelerado, acompañado dos seus cortesáns, para adorar e reverenciar tan precioso tesouro, fundando o Camiño Primitivo de Santiago.

Así a formación do culto santiaguista e a súa localización no corazón do Reino de Galicia, permítelles ao crinstiáns do Norte reconstruir un centro de espiritualidade fronte á decadente sé toledana, mentres Alfonso II acrecentaba a xerarquía eclesiástica ao crear o bispado de Oviedo e restaurar o de Iria Flavia, ao tempo que Odoario repoboaba Lugo e recompoñía a súa diócese adoptando o título de Arcebispo de Braga.

Camino-primitivo

 

 

GFacebookTwitterYoutube