Melide, Cerne de Galicia

Guía do peregrino no Camiño Francés por Melide 

IMG 9923

Km 8,5. O Coto (Bar. Tenda)

Ao saír do Coto deixamos o asfalto pola esquerda para baixar ao Leboreiro, definido antigamente como Campus Leporarius, en galego campo de lebres. Aquí veremos un cabazo ou cabeceiro (un canasto grande) que, coma os hórreos, se empregaba para conservar o millo. Detrás atópase a igrexa de Santa María do Leboreiro, de fabricación gótica.

Km 9,2. O Leboreiro

Abandonamos O Leboreiro e cruzamos o río Seco por unha ponte medieval (Km 9,5) . O marco da paso a Desicabo e de seguido vén un tranquilo tramo da N-547 e o parque empresarial de Melide, tamén chamado da Madanela (Km 11). Un quilómetro despois muda o panorama e baixamos até á beira do río Furelos, por unha fermosa paraxe. Cruzamos este afluente do Ulla pola ponte medieval e accedemos á parroquia de San Xoán de Furelos.

Km 13. San Xoán de Furelos (Bar)

Chegamos á avenida de Lugo, pasamos perto da capela de San Roque e o seu cruceiro do Século XIV. Cara ao albergue público e para atallar poderemos continuar pola rúa San Pedro.

Km 14,8. Melide (Todos os servizos)

Aquí danse cita o antigo hospital de peregrinos, que alberga hoxe o Museo Terra de Meldie, convento de Sancti Spiritus e a Obra Pía de San Antón (pazo barroco con capela, (actualmente casa do Concello)

Tras bordear o albergue público deixamos Melide pola rúa Principal. Con vistas ao val baixamos cara á N-547, que cruzamos para coller de fronte a CP-4603 cara á San Martiño. Á altura do restaurante – grellada viramos á dereita para visitar a igrexa de Santa María de Melide, na parroquia do mesmo nome e xoia do románico melidao. Atopámonos agora no (Km 15,6).

O templo é románico, ten unha soa nave e ábsida semicircular. Alberga a única reixa románica de Melide. Tras pasar as casas de Carballal vémonos rodeados entre eucaliptos, especies de folla caduca e prados até o paso emedrado do río Catasol, afluente do Furelos(Km 17,2). Paisaxe de postal que brinda o Camiño. A partir deste tramo xa comeza o Concello de Arzúa, polo que vos desexamos un bo Camiño.

 

Guía do peregrino no Camiño Primitivo por Toques-Melide

IMG 9927

Hospital das Seixas (km 37,4) - Vilouriz (Km 40,4) - Vilamor (km 42,6) - Melide (km 49,2).

GFacebookTwitterYoutube