Melide, Cerne de Galicia

Entroido de Melide

 

O Concello de Melide a través da súa Concellaría de Cultura presenta a programación para o Entroido 2016.

O domingo 7 de febreiro, os máis pequenos poderán gozar dunha Festa infantil de disfraces con xogos, música, obradoiros entroideiros e moitas sorpresas máis. Será ás 17.30 h no pazo de congresos e exposicións.

Será o martes de Entroido, como é habitual cando teña lugar o tradicional concurso de disfraces que este ano volverá a repartir 2.650€ en premios.

Todo aquel que queira participar no concurso deberá realizar a súa inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Melide segundo ficha normalizada até ás 14.00 h do día 9 de febreiro de 2016. Tamén poderán inscribirse antes do inicio do concurso, no Cantón de San Roque ou no caso de choiva no pazo de congresos e exposicións en horario de 16.30 a 17.00 h.

Os participantes no concurso deberán entregar no momento da inscrición a música en formato CD ou memoria USB con indicación do nome do tema e o seu autor/a. Os que se inscriban no mesmo día do concurso non poderán escoller a música para o pase polo escenario.

 Contémplanse dous premios por cada unha das categorías:

COMPARSAS (+8 persoas)

- 1.º premio: 1.000 €

- 2.º premio: 700 €

 

GRUPOS (3-8 persoas):

- 1.º premio: 400 €

- 2.º premio: 300 €

 

INDIVIDUAIS E PARELLAS:

- 1.º premio: 150 €

- 2.º premio: 100 €

(Os menores de idade non poderán participar nesta categoría se non van emparellados cun adulto).

O xurado prestará atención a cuestións como: número de membros, orixinalidade dos disfraces, vestiario e maquillaxe, coreografía e música, traballo feito a man e posta en escena.

Desde a Concellaría de Cultura queremos animar a todos os melidenses a participar nesta tradicional festa do Entroido.

A maiores da programación do Concello de Melide, a Asociación cultural e ecoloxista Curuxás organiza para o sábado e o martes os pasarrúas do Entroido. O Entroido saíra da praza do Convento ás 19.15 h e percorrerá as rúas de Melide acompañado como é habitual de música tradicional. Será o martes ás 20.30 h canto se faga a lectura do pregón e queima do Entroido na praza das Coles.

 

GFacebookTwitterYoutube