Melide, Cerne de Galicia

Festa do Melindre 2015

Desfruta da Festa máis doce de Galicia 

 

 

 

Programa de actividades

A festa comezará ás 11 da mañá coa apertura dos expositores e media hora máis tarde terá lugar a actuación de música tradicional “Os Melidaos”.

Ás 12 e media celebrarase o acto de leitura do pregón da XXIV Festa do Melindres e da Repostería Tradicional da Terra, a cargo dos presentadores do programa da Televisión de Galicia “Larpeiros”, Lola Gestido e Benigno Campos e logo deste acto, farase entrega dos títulos de recoñecemento “embaixadoras e embaixadores do Melindre” correspondentes a esta edición de 2015, cunha pequena intervención de cada un, entrega de diploma e pin.

Antes do xantar, á unha e media actuarán os grupos ‘Froito Novo’ e ‘Os Melidaos’ que animarán as rúas de Melide coa súa música. 

A mediodía, cabe salientar tamén a emisión en directo do programa gastronómico da Radio Galega “Come e fala” desde a Praza do Convento a partir das 13.00 horas.

Xa pola tarde, ás cinco, farase tera lugar o fallo dos mellores debuxos entrega dos premios do VIII Concurso de Debuxo para escolares “Melindresricos”, convocado para nenos de toda Galicia entre os 3 e os 15 anos de idade.

 

 

 

 

 Nomeamento dos novos embaixadores do Melindre

 A Festa do Melindre e a Repostería Tradicional da Terra de Melide contará a partir desta edición con once novos embaixadores que serán nomeados o día 10 de maio, día da celebración da festa.

Os novos valedores da Festa do Melindre e a Repostería Tradicional da Terra de Melide son: o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o xornalista Pablo Portabales (Grupo Voz); o profesor universitario e xornalista Manuel Gago (doutor en CC e director de culturagalega.org); os cociñeiros Iván Domínguez (posuidor de 1 estrela Michelin e chef do Alabaster-Madrid) e Siro González (chef do rest. Caney – Araguaney); os sumilleres José Manuel Míguez (1º Premio Concurso Nacional cortadores de xamón – Extremadura 2015) e Sonia Otero (membro do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionáis de Galicia); a promotora gastronómica Churra Costa (concursante 2ª edición Master Chef); a actriz Nerea Barros (gañadora Goya actriz revelación 2015); e o cantante e produtor musical Manuel Andrade.

 

 

Actividades para toda a familia

Ás cinco e cuarto, “Rodarirrodari”, un espectáculo musical para público familiar con narracións, títeres e acompañamento musical en directo,que se estrea este ano en Melide a cargo da compañía “Fantoches Baj”.

A partir das seis da tarde, está prevista a actuación, na Praza das Coles, dos grupos “Leirabuxo”, de Melide, “Os Carunchos” e as cantareiras “Malvela”, acompañadas pola cantante Uxía.

O programa da XXIV Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide complementouse con outras actividades paralelas, como a iniciativa “Coffeetour”, degustación gratuita de melindres á hora do café en distintos establecementos hostaleiros de toda Galicia; a colaboración coa marca de vermú galego San Petroni para degustar os doces de Melide á hora do vermú; a campaña levada a cabo co Centro de Transfusión de Galicia para ofrecer ricos logo das doazóns; ou a promoción e degustación no partido de baloncesto da liga ACB que enfrontou a pasada fin de semana ao Obradoiro co Real Madrid.

 

  

 Concurso MELINDRESRICOS

 

O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA PARA ESCOLARES DE TODA GALICIA O VIII CONCURSO DE DEBUXO “MELINDRESRICOS”

  • Poderán participar todos os alumnos matriculados en centros de ensino da comunidade galega entre os 3 e os 15 anos de idade
  • Establécense catro categorías e os debuxos serán expostos o día 10 de maio coincidindo coa celebración da XXIV Festa do Melindre e a Repostaría Tradicional da Terra de Melide

Melide, 21 de abril de 2015.- O Concello de Melide ven de convocar o VIII Concurso de debuxos “Melindresricos”, aberto á participación de todos os escolares de Galicia comprendidos entre os 3 e os 15 anos de idade, dentro da programación da XXIV Festa do Melindre e da Respostaría Tradicional da Terra de Melide.

Os participantes neste certame terán ata o día 7 de maio para presentar os seus traballos, que han de ter como tema a repostaría melidense –melindres, ricos e amendoados-, tomando como referencia desde os ingredientes e procesos de elaboración ata a propia festa de exaltación.

Cada participante poderá competir cun único debuxo que deberá presentar nun folio o cartolina de tamaño normalizado A4. No reverso figurarán o nome, os apelidos e a idade do participante, así como o colexio ao que pertence.  Os debuxos deberán presentarse na Biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor, situada no Edificio multiusos da Praza das Universidades.

Premios e categorías

As bases do VIII Concurso de debuxo “Melindresricos” establecen un premio por cada unha das catro categorías que se establecen e que consiste nun kit de repostaría adaptado ás idades comprendidas en cada unha delas.

 

Ademais, sortearanse catro kits de repostaría entre os participantes de cada unha das categorías e todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo.

No que atinxe ás categorías do concurso, dentro da categoría A poderán inscribirse nenas e nenos de entre 3 e 5 anos. A categoría B resérvase para as idades comprendidas entre os 6 e os 7 anos. As nenas e nenos de entre 8 e 10 anos estarán na categoría C, mentres que a categoría D incribiranse os participantes que teñan entre 11 e 15 anos. Para determinar a idade dos concursantes tomarase como referencia do día 30 de abril.

Exposición e entrega de premios

O Concello de Melide organizará unha exposición con todos os debuxos participantes neste VIII Concurso de debuxo “Melindresricos” que se situará na entrada da Casa Consistorial o propio día da Festa do Melindre e a Respostaría Tradicional da Terra de Melide o día 10 de maio. A entrega de premios terá lugar o mesmo día ás 17.00 horas na Praza do Convento.

 

 

GFacebookTwitterYoutube