Melide, Cerne de Galicia

Capela de San Antón

Ao oeste da praza do Convento áchase o pazo barroco, coa súa capela, da Obra Pía de San Antón, fundado en 1671 polo arcebispo de orixe melidá D. Mateo Segade Bugueiro, nunha casa e terreno de propiedade familiar. Vai ser coñecido tamén como a Colexiata, pois na súa orixe tiña unha finalidade docente, e no século XIX como pazo do marqués de Corvera. Desde 1960 é casa do Concello.

Untitled-2

A planta baixa estaba destinada ás cortes, adegas e outras dependencias, e a alta a aulas e vivendas. Hoxe só se conserva a fachada da estrutura do edificio, xa que o seu interior foi destruído, perdéndose a antiga escaleira de pedra, a disposición do patio, a xeito de claustro e as demais dependencias para axeitalo ao novo uso.portada da capela, de estilo Barroco, é atribuído a Domingo de Andrade, o arquitecto galego máis prestixioso da época. Consta de pilastras, capiteis planos e lintel adovelado que sustenta un frontón partido. No tímpano salienta o escudo de armas do arcebispo fundador. A planta da capela é rectangular, con nave cuberta de medio canón. O primeiro treito está parcialmente cuberto pola tribuna de madeira. Nos primeiros chanzos da escaleira temos unha esvelta columna coa base e capitel característicos do Medievo, o que se pode considerar un exemplo de arcaísmo ou ben unha peza medieval procedente doutro edificio.

As dúas estatuas orantes, barrocas e pétreas, foron esculpidas en granito en 1674 por Mateo de Prado, un dos escultores máis importantes do momento. A da dereita representa un cabaleiro, D. Antón Varela de Segade, o primeiro patrón da Obra Pía de San Antón, con vestimenta típica da época. A da esquerda é un cenotafio cunha figura orante e axeonllada, con vestimenta eclesiástica, que lembra a figura de D. Mateo de Segade Bugueiro.

proba3

 

GFacebookTwitterYoutube