Melide, Cerne de Galicia

3ª edición das probas de traballo para cans de caza Terra de Melide

 

As probas de traballo para cans de caza Terra de Melide convértense nas máis importantes de España

 

Cartel 2017

 

 

 

A presentación da 3.ª edición das pprobas de traballo para cans de caza Terra de Melide tivo lugar no salón de plenos do Concello de Melide coa asistencia de Antonio Méndez Romero, organizador do evento, e Dalia García, alcaldesa de Melide.

Dalia García comezou a presentación agradecéndolle a Romero que poña a Melide na vangarda da caza, pois a proba estase consolidando como unha das maiores de España e a súa importancia no territorio é un importante motor económico e tamén está en simbiose coa natureza.

 “Os cazadores coidan do monte e enterámonos de moitas cousas grazas a que tanto pescadores como cazadores están pisando terreo e podemos nese sentido axudar a preservar a nosa biosfera. Polo tanto fóra de clixés, penso que é unha actividade moi necesaria, que move moitos postos de traballo, pero que ademais para o medio ambiente é moi beneficiosa.”

 

 

presentacion-probas-traballo-cans-melide

 

cartel 1

 

 

 

A proba de traballo de cans de caza agora é a maior proba de cans de caza que se fai en España e a que maior número de cans aglutina. Este ano contarase con uns 250 cans. Na modalidade de xabarín chegarase até os 150, no San Huberto uns 30 e no rastro de coello sobre uns 40.

Este ano xa non é a nivel autonómico, pasarase a nivel de nacional e un pouco internacional contando con algún participante estranxeiro, polo que a proba cada ano vai engadindo novas competicións e novas probas. En canto a premios serán máis de 8.000 € a repartir entre as diferentes modalidades.

 

 As probas de traballo divídense en dúas, unha pola Sociedade Canina Galega e outra pola Federación Galega de Caza.

O da Canina será os días 31 de marzo e 1 de abril co 3.º Torneo de rastro de coello. O da Federación puntuábel para a Copa Galicia serán:

1 de abril 3.º Torneo de rastro de xabarín. Como novidade este ano farase un torneo para nenos onde se xuntarán uns 40 monteiros con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

2 de abril 3.º Torneo de San Huberto (perdiz). Tamén como novidade deste ano farase unha proba de rastro de coello por medio da Federación puntuábel para o campionato autonómico. Neste concurso entran todos os cans.

 

Para facer este tipo de probas fan falta moitos tecores. Cada ano as sociedades de caza da contorna axudan cedendo os terreos cinexéticos, porque unha proba deste tipo precisa de moitos quilómetros para levarse a cabo.

Agora o obxectivo será consolidar a proba en Europa atraendo a franceses, portugueses, italianos, alemáns... polo que se está a traballar para sumar cada ano más tecores. Neste senso, Romero deu as grazas a todos o tecores que están facendo posible estas probas, como son a Xuntanza, Sociedade de Cazadores da Terra de Melide, Sociedade de Caza do Rebellón e a Sociedade de Caza da Ulloa.

 

  

cartel 2

 

 

 

Está confirmada a asistencia de cans campións de traballo, de San Huberto, así como de rastro de xabarín e de rastro de coello de León, Santander, Asturias, Segovia, Madrid, Burgos, Navarra, País Vasco, Cataluña, Estremadura, etc. A nivel de probas, os mellores cans que se poden ver a nivel español vanse dar cita en Melide.

Destacamos tamén a importancia que a nivel turístico teñen as probas de cans Terra de Melide, tanto no coñecemento das nosas paisaxe e gastronomía, como na importante ocupación de casas rurais da comarca.

 

Desexamos que esta nova edición sexa todo un éxito e que as persoas que nos visiten gocen da comarca da Terra de Melide para levarse as mellores das lembranzas.

 

 

 

 

 

GFacebookTwitterYoutube