Área recreativa do río Furelos
Nun espazo natural de especial beleza, atópase a Área recreativa do río Furelos. O cauce do río que remata nunha pequena presa, está drenado para non chegar a cubrir en ningún momento. Conta con tobogán para cativos e un pantalán para pequenas embarcacións, así como bancos de madeira, e numerosos espazos para facer churrasco. Entre o aparcadoiro e o río atoparemos dúas piscinas exteriores, unha de maiores e outra de nenos. Ademais até aquí chega a ruta de sendeirismo de baixa dificultade que parte de Melide e chega ata esta fermosa área.