Motor
O mundo do motor está moi ben representado no noso Concello. Temos a gran sorte de contar con excelentes pilotos que compiten en diversas modalidades automobilísticas como son os ralis de asfalto, clásicos ou de terra.
Xesús Ferreiro e Oscar Otero son os másimos espoñentes melidenses dentro da competición automobilística.
Na fotografía de abaixo, pódese ver o lema de Melide Cerne de Galicia, no coche de Alberto Otero.
O Rali Galicia Histórico é unha proba de rali de históricos que se veu disputando anualmente en Melide dende o ano 2009 ata o ano 2012. É puntuable para o Campionato de España de Rally Históricos tanto na modalidade de velocidade como de regularidade.