Melide, Cerne de Galicia

 Na cociña

Para que o polbo quede brando, é conveniente que estea con pouco líquido e se coza o xusto e necesario, é dicir, vinte minutos.

Que son os "sustos"?

Se o polbo está un pouco duro, tense que "asustar". A este termo refírese o feito de introducir o polbo varias veces na pota con auga moi quente para que abrande. Por exemplo, métese en auga sen soltalo tres ou catro veces.

Para pota exprés:

Para desconxelar, mellor durante a noite. Déixase con sal, unha cabeza de allo, patacas enteiras e loureiro. Cúbrese de auga para pór na pota exprés e cócese durante vinte minutos. Se o polbo é grande e se nota un pouco duro, vóltase meter outro pouco até que fique no punto.

32-2

GFacebookTwitterYoutube