Mercados
Melide conta cunha longa tradición comercial e artesá. O gremio de zapateiros contaba cunha moi boa sona en toda Galicia onde vendían os seus produtos ao longo das feiras do país.
Capital da Comarca da Terra de Melide, o comercio da vila abre durante toda a semana, tamén os domingos pola mañá. Este feito diferencial converte a Melide en polo de atracción de compras todos os domingos, especialmente o derradeiro domingo do mes que é cando se celebra a Feira Grande que atrae a miles de persoas.
Pola súa banda, na zona histórica, concretamente na praza das Coles e baixos da casa do Concello, teñen lugar todos os domingos os mercados de froitas, queixos e carnes do país. Os produtores locais venden as súas mercadorías coa mellor calidade e sabor tradicionais.